Colegio Oficial de Ingeniería Geomática y Topográfica
© PER GEOMETRIAM VERITAS
19/10/2016 - GALICIA - Tema: Eventos, cursos y jornadas
ImagenComentario Sin comentarios
ImagenNoticia
XORNADA DE EMPREGO EN ALEMAÑA
 
O vindeiro luns (24/10/2016) ás 10:00 horas, terá lugar no Campus de Lugo (Aula Universitaria da Biblioteca Intercentros) unha xornada de "Emprego en Alemaña".
 
Esta xornada, dirixida a toda a Comunidade Universitaria, fíxose estensible a todos os colexiados da nosa Delegación, grazas ao acordo chegado cos técnicos da área de Orientación e Inserción Laboral das Vicerreitorías de Coordinación e Servizos Universitarios do campus de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela. 
 
A xornada contará coa presenza de dous técnicos do Servizo de Emprego Público alemán, pertencentes a Rede EURES (EURopean Employment Services). Falarán da oferta de emprego no seu país e das condicións de vida e de traballo no mesmo. 
 
Aquelas persoas interesadas en entregarlles o currículo poderán ademáis participar nunha entrevista de selección de persoal. É imprescindible ter coñecemento (mínimo B1) de inglés, non sendo necesario o coñecemento de alemán.
 
Máis información sobre a Rede EURES en:  https://ec.europa.eu/eures/public/es/eures-services
 
A asitencia a esta xornada é gratuita. Para facer a inscrición deben enviar un correo electrónico cos seus datos de contacto e indicar no mesmo, se é ou foi alumno da USC e/ou se é colexiado da nosa Delegación, ao seguinte enderezo: emprego.lugo@usc.es
 
Última modificación: 29/05/2019 13:27:00