Con motivo do 10º aniversario da titulación de Enxeñaría en Xeomática e Topografía, se celebrou no
Salón de Actos da Escola Politécnica Superior – Lugo o Xoves 24 de abril de 2014 un acto conmemorativo no que o Sr. Vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela: D. Pablo Ramil Rego fixo a presentación do acto.
Se contou coa intervención de D. Andrés Díez Galilea, Decano do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros
Técnicos en Topografía, sobre as actuacións do Colexio en distintas vertentes de cara ao futuro profesional.
Posteriormente o director da Escola Politécnica Superior: D. Javier Bueno Lema, fixo a súa intervención e acto de entrega de Diplomas e Insignias aos titulados que acadaron os premios extraordinarios da titulación nos seus 10 anos de vida.
Tamén se puico contar coa intervención do Xefe do Observatorio Xeofísico de Santiago en representación do
Instituto Xeográfico Nacional do Ministerio de Fomento: D. Luís Mendoza Barros.
Asimesmo, por último, participaron no acto coa súa intervención, diferentes representantes das institucións públicas galegas:
-Sr. Subdirector do Departamento Técnico de Estudos do Instituto
de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas da Xunta de Galicia: D. Alfredo Fernández Ríos.
-Sra. Vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo: Dña. Lara
Méndez López.
-Sr. Alcalde do Concello de Lugo: D. José C. López Orozco.