Colegio Oficial de Ingeniería Geomática y Topográfica
© PER GEOMETRIAM VERITAS
17/03/2014 - GALICIA - Tema: Eventos, cursos y jornadas
ImagenComentario Sin comentarios
ImagenNoticia
Con motivo da celebración do Día do Topógrafo Europeo, e no marco dos actos dos 10 anos da Enxeñaría en Xeomática e Topografía na Escola Politécnica Superior (EPS) de Lugo, terá lugar o acto institucional de inauguración da exposición: Cen anos de cartografía en Lugo, ao que vos animamos a participar.
 
O acto institucional terá lugar no Salón de Actos da EPS ás 12:00 horas do martes 18 de marzo. Coa participación de D. Pablo Carballo Cruz, Director do Servizo Rexional do Instituto Xeográfico Nacional, D. José C. López Orozco, Alcalde do Concello de Lugo e D. Javier Bueno Lema, Director da Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela.
 
A exposición permanecerá aberta ao público do 18 de marzo ao 31 de maio de 2014, de 9:00 a 21:00 h., no pavillón III da EPS.
Última modificación: 29/05/2019 13:29:00