Mañá xoves 24 de abril ás 11:00 horas terá lugar no Salón de actos da Escola Politécnica Superior o acto institucional de celebración do X aniversario da titulación de Enxeñaría en Xeomática e Topografía na USC. Achegamos programa do acto.Con este motivo gustaríanos contar coa súa asistencia ao acto.
Ao acto asistiran as seguintes autoridades:
- Sr. Vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela: D. Pablo Ramil Rego
- Sr. Decano do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos en Topografía: D. Andrés Díez Galilea
- Sr. Director da Escola Politécnica Superior: D. Javier Bueno Lema
- Sr. Xefe do Observatorio Xeofísico de Santiago en representación do Instituto Xeográfico Nacional do Ministerio de Fomento: D. Luís Mendoza Barros
- Sr. Subdirector do Departamento Técnico de Estudos do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia: D. Alfredo Fernández Ríos
- Sra. Vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo: Dña. Lara Méndez López
- Sr. Alcalde do Concello de Lugo: D. José C. López Orozco
Durante o acto tamén terá lugar a entrega de Diplomas e Insignias aos titulados que acadaron os premios extraordinarios da titulación nos seus 10 anos de vida.